Martes. 07.05.2024
El tiempo

Primeiros nomes de altura para os 10 anos do Festival V de Valarés

Primeiros nomes de altura para os 10 anos do Festival V de Valarés

Séguenos sorprendendo a xente do Festiva V de Valarés. Despois de descubrir a imaxe do 10º aniversario, xa podemos ir coñecendo os primeiros nomes. Algún xa sorprende e estaremos atentos ao que se nos vén enriba.

Así, os vindeiros 12, 13 e 14 de agosto, subirán a eses marabillos escenarios do paraíso atlántico, os León Benavente como primeiro cabeza de cartel (coñeceremos máis nas vindeiras datas).

Pero tamén teremos xentes como Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos, Fogbound... E iso só acaba de empezar porque a promoción seguirase facendo a través das redes sociais.

Se queres ir aproveitando para non perder espazo, xa podes mercar as entradas. Ata o 1 de marzo, 30€ o abono para os 3 días con acampada!

Festival V de Valares 2016 provisional

Que vos parecen León Benavente?

Neuman

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios