QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego


Un pracer participar nesta clase de xornadas para compartir a nosa experiencia. Xa estivemos compartíndoa cos membros do Obradoiro de Emprego Comarca de Soneira, e este venres día 6 de febrero, fomos invitados polo Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor para un seminario de apoio ao emprendemento nas instalacións do Obradoiro.
Este seminario está dirixido á promoción da cultura emprendedora entre os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego. Configúrase como unha formación teórico-práctica para o alumnado que poida estar interesado na creación do seu propio posto de traballo
Na primeira parte, Angel Noguerol, Técnico da Cámara de Comercio da Coruña, analizará todo o relativo aos aspectos técnicos e legais e ao plan de empresa. Na segunda parte, Ubaldo Cerqueiro, do diario dixital Quepasanacosta.com e Rocio Priegue de Viveiros A Granxa contarán a súa experiencia empresarial, achegando así ao alumnado unha visión máis práctica e real do que supón o emprendemento.
En marcha unha web comarcal
Por banda, lembran a aqueles establecementos de hostalería dos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra interesados en publicitarse gratuítamente dentro da páxina web que está elaborando o Obradoiro que deben enviar os datos básicos do establecemento: nome, enderezo, teléfono, e-mail, páxina web e REAT (número de rexistro de establecementos e actividades turísticos) ao correo oecaminodosolpor@gmail.com ou chamar ao 981 745 993 antes do 17 de febreiro.Novas relacionadas
- Nova fornada de cursos de alimentación, carretillero e mergullo.
- Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas.
- Un obradoiro de Emprego para 20 desempregados permitirá adecentar o Camiño en Cee, Corcubión e Fisterra.
- 22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación.
Fonte
- Nota de prensa de Anabel Piñeiro, responsable do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor.