QPC cumpre #10anos

00:07 05/09/17

QPC e o futuro
E para seguir medrando como até o de agora, temos un novo reto: crear a app de QPC para facilitar a lectura a través dos dispositivos móbiles. Ademais a aposta polo Fútbol da Costa segue moi clara, traendo a través da plataforma www.futboldacosta.com o único carrusel tecnolóxico en tempo real de todo o fútbol modesto galego. Unha nova APP tamén parece estar en camiño.Programa #10anosQPC
Estamos perfilando unha serie de accións arredor do 10º aniversario. Intentaremos abrirnos un pouco e que sexan os que foron e seguen sendo membros intrínsecos da familia QPC os que conten o devir do proxecto. Faremos unha serie de entrevistas a xentes da casa, e tamén pediremos a varios dos nosos columnistas que máis tempo con nós, que nos conten que é para eles esta fiestra comunicativa. Ademais, intentaremos levar QPC ata os institutos, co afán de amosar que o xornalismo é algo moi cercano, e que os proxectos lévanse adiante con vocación, emprendemento, ilusión e moito traballo. Aínda que vos seguimos necesitando para contarvos que é o Que Pasa na Costa, é o momento de dar as grazas por estar aí e por facer que a comunidade QPC sexa cada día máis grande.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).