Rocío Leira: "Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior"

10:49 17/11/15

- QPC: Como vai a acollida de “O becho que quería comer á avoa”?
- QPC: A que público está dirixido o libro?
- QPC: Como xurdiu a idea de publicar un libro sobre un tema tan delicado?
- QPC: É difícil escribir un conto para nenos sobre unha enfermidade?

- QPC: Que che gustaría que aprendesen os nenos co teu libro?
En "O becho que quería comer á avoa" hai unha presenza moi importante do mundo do rural, o mundo no que eu me criei e que quixen que fora o protagonista prinicipal. Por esa banda gustaríame que os nenos se concienciasen da importancia da natureza, do respecto do medio ambiente e sobre todo da beleza e da paz que destila un entorno natural.
Por outra banda, as relacións familiares - fago especial fincapé na da rapaza protagonista coa súa avoa -, son outra das partes esenciais deste libro. Gustaríame que os rapaces soubesen e valorasen adecuadamente a importancia de ter unhas relacións familiares sólidas e consolidadas, como forma de seguridade emocional, e que aprendesen a respectar ós maiores, nunha sociedade na que cada vez máis, a xuventude e un valor en alza en detrimento da vellez.
Por último, o libro pretende amosar ós nenos a importancia de afrontar con valentía unha problemática familiar, como é a da enfermidade do cancro, que en calqura momento lles pode tocar vivir, e conciencialos da importancia de afrontar todos xuntos, en familia, unha situación tan difícil. Pero sobre todo, o libro, o que trasmite e destila dende a primeira ata a última páxina é optimismo, algo que me gustaría que os nenos incorporasen ás súas vidas, pois o meu ver, resulta vital para superar calquera dificultade.
- QPC: Ler achegalle ós nenos…
Novas relacionadas
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)