xoves. 01.05.2025
El tiempo

Surf, rutas, xogos e moito máis no Campamento de Natureza de Carnota

Surf, rutas, xogos e moito máis no Campamento de Natureza de Carnota
Campamento de Portaventosa O Campamento de Carnota inclúe subidas ao Monte Pindo e moito surf entre as sáus actividades

Volven tres proxectos emprendedores de Carnota armar unha actividade impresionante para os rapaces de toda a zona. Unha boa ocasión para que os pais poidamos "librarnos" deles durante unha semana a comezos de verán.

O albergue Portaventosa, en colaboración coas empresas de actividades Miraxe e Abellago Watersports teñen armado un plan completo para que os mozos non teñan descanso.

Bautismo de surf, ruta en Paddle Surf, unha ruta ata a Moa do Monte Pindo facendo actividades arredor da historia da Raíña Lupa; actividades lúdico-creativas na praia de Carnota e mesmo unha visita para darlle de comer aos animais nunha granxa da zona.

Camp veranowebQPC Que faremos? Bautismo de surf ou Ruta en Paddle surf. Dúas mañás, ou tardes, dependendo das condicións meteorolóxicas, estarán dedicadas á práctica do surf ou padel surf, ben sexa iniciación ou perfecionamento. As clases estarán o cargo da escola local Abellago Watersports, administrada polo campión do mundo de Kitesurf en 2010, Abel Lago. Lugar de realización: As clases de surf terán lugar na praia de Carnota ou Area Maior, mentres que as actividades de padel surf serán na praia de Mar de Lira ou na Ría de Muros. A selección das localizacións dependerá das condición meteorolóxicas. Todo o material preciso para realizar estas actividades será provisto pola escola.
  • Un día no Olimpo Celta.Os cativos e cativas terán a posibilidade de descubrir os misterios que agocha o Monte Pindo, e pasar o día realizando diferentes actividades temáticas no territorio da mismísima Raiña Lupa. Tras a baixada do Monte, continuaránse as actividades lúdicas na praia de Carnota. Todas elas serán levadas a cabo polo equipo de Miraxe. *A realización desta actividade dependerá das condicións meteorolóxicas.
  • Actividades lúdicas e creativas A animación do resto das actividades do campamento, fora das acuáticas, correrán a cargo de Miraxe, quén organizará para os cativos e cativas, dende obradoiros creativos, veladas, xogos ou tiro con arco.
Quen o faremos?
  • Abellago Watersports: Creada na primaveira do 2014 polo campeón de kite surf local Abel Lago, esta escola situada na praia de Area Maior (Louro) dedícase a impartir cursos de surf, kite surf, bodyboard e paddle surf para todos os niveles.
  • Portaventosa: Poxecto turístico nacido no verán do 2015, con base no Albergue de Lira (Carnota), co propósito da posta en valor do entorno patrimonial e natural que ofrece a fronteira sur da Costa da Morte.
  • Miraxe: Empresa de lecer e tempo libre de recente creación situada en Carnota. Os seus promotores teñen unha ampla experiencia como monitores de tempo libre en campamentos e actividades con cativas e cativos.
Horarios. O campamento comezará o luns, 26 de xuño, a recepción terá lugar durante toda a mañá, e rematará o 1 de xullo pola mañá, momento da recollida.
  • Comidas e ceas: 14.00 h e 21.00h.
  • Actividades de mañá: 10.15 – 13.45 h.
  • Actividades de tarde: 16.15 – 19.45 h.
  • Veladas: 22.00 – 24.00 h.
 

Máis información

Para máis información poden contactar co Albergue de Lira, Portaventosa, ou enviar un mail a infocampcarnota@gmail.com.

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios