Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana

22:50 18/06/17

Conseguiron chegar á vítima seguindo o sendeiro, e apenas non respondía salvo balbuceos. Estaba tirada no chan e acompañada por outros tres compañeiros. O Helicóptero conseguiu tomar terra uns 400 metros máis arriba, achegándose un médico e unha enfermeira mentres os Bombeiros e o GES xa iniciaan o porteo nunha padiola de rescate por un complicado terreo. Feita unha primeira estabilización médica trasladouse posteriormente a vítima xa ata o helicóptero, tamén por terreo irregular, e foi trasladado ata Santiago.
Na expedición ían tamén outras tres persoas, entre as que tamén unha muller tivo que recibir asistencia sanitaria ao sufrir un golpe de calor.