Un 70% dos alumnos e un 25% dos profesores secundaron a folga do ensino na Costa da Morte
As ANPAS da Costa da Morte participaron na manifestación da Coruña
Parece que uniron esforzos desta volta as diferentes organizacións educativas para conseguir un paro completo do sistema educativo. A folga xeral deste 9 de marzo demostra que a loita por un Ensino Público de calidade e pola derogación da LOMCE continúa moi viva, despois de máis de 5 anos de mobilizacións. A convocante Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA- GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes (SE) e IESGA, máis STEG lóubanse ter conseguido acordos maioritarios de paralización da polémica lei no Congreso, pero lamentan que aínda non sei aplicou.
Así por exemplo, a Conferedación de ANPAS Galegas “non acepta un “pacto educativo” no que non está presente toda a comunidade educativa galega” e por iso pide un paso máis alá e poder participar na creación dunha nova lei.
En todo caso, a CONFAPA decidíu retirar esta semana o seu apoio á folga, despois de “constatar a percepción social da folga e a súa invovenciencia tempora”. Entende a entidade que o “clima de consenso” que asegura o goberno estatal e entende que “a folga pode ser perxudicial para o movemento asociativo das ANPAS”. Así e todo, asegura que “esta decisión non empana, se non reforza, o compromiso cos valores identitarios da escola pública e co rexeite da LOMCE”.
As ANPAS da Costa da Morte participaron na manifestación da Coruña
Amplo seguemento da folga… entre o alumnado
Coma na maioría das citas, non defraudaron os alumnos e fixeron desta folga unha nova demostración de loita, malia que hai mestres e directores que seguen barallando a idea do “un día sen clase” para dar argumentos ao amplo seguemento. A Federación de ANPAS Provinciais-Costa da Morte contabilizou un 80% de seguemento da folga entre o alumnado, sendo maioritario entre os alumnos de Secundaria, e bastante menor entre os de Primaria.
Nós tamén fixemos contas. Despois de falarmos con 24 centros da zona (con moitos problemas ademais para que nos colleran o teléfono, porque segundo denuncian varios centros como o dos Muíños, os “recortes” provocan que non haia persoal moitas veces para coller as chamadas), un 70% dos alumnos non acodiron ás súas clases.
Outro caso parece o dos profesores, que non amosaron o mesmo compromiso que os alumnos, e vemos como en centros como o IES Fernando Blanco, só secundaron a folga 5 de 56 mestres, un 12,5% mentres que o 92% do alumnado si que a seguiron. En total, arredor dun 25% dos mestres fixeron folga e non foron ao centro.
Cómpre destacar centros como o CEIP do Pino do Val onde non houbo seguemento algún da folga. Polo bando contrario, o CEIP Milladoiro de Malpica, cun 98% do alumnado e un 74% do profesorado facendo a folga.
| Seguemento da folga do ensino do 09/03/17 | Alumnos | Profesores |
| IES Fin do Camiño de Fisterra | 75 | 60 |
| IES Ramón Caamaño de Muxía | 44 | 50 |
| IES de Ponteceso de Ponteceso | 75 | 8 |
| IES Terra de Soneira de Vimianzo | 82 | 26 |
| IES Maximino Romero de Lema de Baio, Zas | 50 | 12 |
| IES Urbano Lugrís de Malpica | 90 | 10 |
| IES Parga Pondal de Carballo | 88 | 1.5 |
| IES Terra de Xallas de Santa Comba | 81 | 21 |
| IES Alfredo Brañas de Carballo | 70 | 14 |
| IES Lamas de Castelo de Carnota | 50 | 17 |
| IES Agra de Raíces de Cee | 97.5 | 25 |
| IES Fernando Blanco de Cee | 92 | 12 |
| IES Fontexeria de Muros | 62 | 45 |
| CEIP Fogar de Carballo | 40 | 12.5 |
| CEIP Plurilingüe de Pino de Val de Mazaricos | 0 | 0 |
| CEIP Areouta de Sardiñeiro | 100 | 85 |
| CEIP Santa Eulalia de Dumbría | 93 | 50 |
| CPI Cabo da Area de Laxe | 95 | 55 |
| CPI As Revoltas de Cabana | 22 | 3 |
| CEIP Praia de Quenxe de Corcubión | 85 | 20 |
| CEIP As Forcadas de Corme | 95 | 17 |
| CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso | 62 | 10 |
| CEIP Milladoiro de Malpica | 98 | 74 |
| CEIP Mar de Fóra de Fisterra | 50 | |
| CEIP Os Muíños de Muxía | 17 | |
| Porcentaxe total de seguemento da folga | 71 | 27 |
Novas relacionadas
- 01-03-17: As ANPAs preparan unha asemblea e unha nova folga.
- Febreiro 2017: A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE:
- Novembro 2016: O alumnado demostra que non quere á LOMCE.
- Estamos preparados para a folga e si esta non funciona… para a revolución?.
- 27-10-16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce.
- 26-10-16: A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros.
- Setembro 2016: Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños.
- Setembro 2016: En marcha un novo curso escolar.
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).