Luns. 06.05.2024
El tiempo

Unha placa por Don Luciano

Unha placa por Don Luciano
Descubrindo a Placa a don Luciano en Fisterra Descubrindo a Placa a don Luciano en Fisterra

50 anos, que se di pronto. Son os que leva a fundación do Colexio Ntra. Sra. do Carmen, de Fisterra ao servizo da infancia e mocidade local no campo da educación e da cultura. E por iso, as xentes da vila do Cristo están armando un completo programa de actos para celebrar o 50º aniversario da fundación.

Este pasado sábado procedeuse a descubrir a placa conmemorativa en honor do fundador D. Luciano Moriera Carracedo, na fachada principal deste centro educativo, ao cumprirse os 51 anos da colocación da primeira pedra do edificio orixe desta obra, que na actualidade conta co Colexio, unha Residencia de Menores e outra de Maiores.
En primeiro lugar celebrouse unha misa de acción de grazas por estes 50 anos de traballo e os grandes logros conseguidos ao servizo da infancia e mocidade fisterrana no campo da educación e da cultura, para, acto seguido, proceder a descubrir a placa en honor do fundador, logo dunha pequena proxección resumen da historia da obra, realizada polo Director Hno. Carlos Velasco Herguedas e das palabras pronunciadas pola presidenta da entidade Titular, Pilar Traba Domínguez.

A Placa a Don Luciano Moreira en Fisterra

A esta emotiva cerimonia asistiron o Alcalde de Fisterra, José Marcote Suárez e concelleiros dos distintos partidos políticos representados no Concello, das Asociacións do municipio (Centro Cultural e Recreativo, Asoc. de Veciños de Fisterra "Costa da Morte", Cofradía de Pescadores "Virxe das Areas", Xunta de Cofradías da Semana Santa, Cáritas, Club de Fútbol de Fisterra, Club Náutico de Fisterra...), antigos alumnos do centro, representantes do AMPA, profesores e antigos docentes, alumnos e toda a familia fisterrana deste centro docente.

Ca placa por Don Luciano O coro de Nuestra Senora do Carme de Fisterra coa placa a Don Luciano O coro de Nuestra Senora do Carme de Fisterra coa placa a Don Luciano

Fonte

Comentarios