xoves. 08.05.2025
El tiempo

Unha veciña de Muxía perde a vida ao caerlle enriba un penedo

Unha veciña de Muxía perde a vida ao caerlle enriba un penedo
Unha muller de 81 anos de Muxía falecía esta tarde despois de que lle caese enriba un penedo de gran tamaño. O suceso tivo lugar minutos despois das catro da tarde no lugar de Bardullas. Por razóns que se descoñecen e segundo informa Urxencias Médicas, a pedra aplastou á octoxenaria. O penedo foi retirado por un tractor antes da chegada dos equipos de emerxencia. Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que a vítima acabou falecendo no punto. Ata o lugar tamén se desprazou persoal de Protección Civil de Muxía e da Garda Civil. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega 112

Comentarios