Xa podemos ver o trailer do filme Sica, rodado na Costa da Morte, unhas semanas despois do seu paso polo Festival de Málaga. Espectacular as imaxes da nosa comarca, do noso litoral, e coñecer o fío deste filme salgado vinculado cos naufraxios de hoxe en día, así como escoitar as voces da gran protagonista, a cabanesa Thais García (fai de Sica no filme), así como do larachés afincado en Carballo Marco Florido Añón (Suso) e a vimiancesa María Villaverde
NOVAS DO FILME
- Marzo 23: O film SICA, e Thais García Blanco triunfaron no Festival de Málaga.
- Febreiro 23: Sica levou a Costa da Morte ata a Berlinale.
- Decembro 22: O filme Sica levará a Costa da Morte á Berlinale.
- Xaneiro 22: O filme “Sica” levaranos polos anos 90 da Costa da Morte.
- Decembro 21: A Costa da Morte acolle a rodaxe da peli ‘Sica’, da directora catalá Carla Subirana