Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sica levou a Costa da Morte ata a Berlinale

Thais - Suso e Maria Villaverde Estrea Sica na Berlinale-Foto-Javi Quiroga
Thais, Marco e María na estrea Sica na Berlinale-Foto-Javi Quiroga
Sica levou a Costa da Morte ata a Berlinale

Tremenda a experiencia que están vivindo os 3 protagonistas do filme Sica. A cabanesa Thais García (fai de Sica no filme), o larachés afincado en Carballo Marco Florido Añón (Suso) e a vimiancesa María Villaverde (tamén está Lucas, outro rapaz carballés que sae no filme), deixaron os seus coles para viaxar ao festival da Berlinale. Alí a coprodución galego-catalá colleitou unha marea de aplausos este domingo na sección Generation da Berlinale, levando a Costa da Morte ata un dos festivais máis importantes do cine europeo.

Os tres debutantes costeiros viven nunha burbulla despois da rodaxe na Costa da Morte que afonda sobre a importancia do mar e dos naufraxios nunha terra como a nosa. "Os tres están encantados coa experiencia e moi contentos de ver a película en pantalla grande canda todas as persoas que ocupaban as 860 butacas do cine de onte", explícanos dende o seo da produtora. "Estiveron toda a mañá facendo entrevistas coa prensa e agora xa viaxan parte deles de volta a Galicia, pensando xa na próxima cita cos espectadores nos cines". 

"Foi unha longa viaxe desde que en 2016 se plantou a semente deste filme. Sinto que estiven subindo unha montaña moi alta durante moito tempo e por fin chegamos ao cume", declarou a directora Carla Subirana no coloquio despois da proxección, acompañada polos actores principais do filme. “A Naturaleza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa”, explicou.

Sica na Berlinale-Foto-Javi Quiroga 2
Equipo de Sica na Berlinale-Foto-Javi Quiroga

Sica está presente na Berlinale e tamén no European Film Market de Berlín da man da axencia de vendas internacionais Latido Films, e a súa estrea en cinemas será o vindeiro 19 de maio, distribuída por A Contracorriente Films.

NOVAS DO FILME

Comentarios