O filme Sica levará a Costa da Morte á Berlinale

Aí é nada. Un dos festivais máis importantes do mundo acollerá a estrea mundial do filme “Sica”. Dirixida por Carla Subirana, a película foi rodada hai xusto un ano na nosa comarca levándonos polos anos 90 da Galicia profunda.
Á fronte do elenco, a gran protagonista é a cabanesa Thais García Blanco, que debutan na gran pantalla ao igual que os tamén costeiros Marco Antonio Florido Añón e María Villaverde Ameijeiras. Acompáñaos a actriz catalá Núria Prims e o galego Lois Soaxe, canda outros actores non profesionais da zona.

O filme foi seleccionado na Sección Generation da próxima Berlinale, o que suporá a súa estrea mundial. O festival terá lugar en Berlín do 16 ao 26 de febreiro de 2023.
Sica rodouse na Costa da Morte, e precisamente porque “a Natureza é a outra protagonista de Sica”, como recoñece a propia directora catalana, namorada da nosa comarca tras facer o Camiño dos Faros. “O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas fronte á súa inmensidade, e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia, que ao mesmo tempo es o único capaz de devolver a harmonía á vida de Sica. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela vinrán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.”

Novas do filme
- Xaneiro 22: O filme “Sica” levaranos polos anos 90 da Costa da Morte.
- Decembro 21: A Costa da Morte acolle a rodaxe da peli ‘Sica’, da directora catalá Carla Subirana.