Despois de dous anos dende que se levase a cabo o proxecto anterior na Fervenza do Ézaro, Fernando Fraga poresenta un novo vídeo dentro da serie na que intrepreta grandes canciones de acordeón en lugares emblemáticos da Costa da Morte. Desta volta toca un lugar único pola súa beleza e localización: o Faro de Camariñas.
A obra elixida é o Vals "Fou Rire" do acordeonista e compositor francés Richard Galliano, un intérprete cunha longa traxectoria profesional na que aportou moita música de autor, tentando "darlle un lugar xusto a este instrumento". A súa amizade con acordeonistas do mundo do jazz como J. Baselli, A. Astier, con outros músicos de jazz como Chet Baker ou Charlie Haden e a relación desde os anos 80 con Astor Piazzolla, conforman o seu estilo musical, dándolle o seu propio e selo inconfundible.
A parte central improvisada do vals é a de Fraga, o que supuxo un reto persoal para achegarse á linguaxe do jazz.
Fraga quere agradecer a todos os que lle axudaron a facer o vídeo: Lupe e Lois coa cámara, Víctor Hugo co dron, José Castro co seu equipo de audio, as redeiras, as palilleiras, así como as guías Lucía e Virginia coas súas historias sobre o Faro de Camariñas como peche.
Máis novas
- Fernando Fraga interpreta o "Sentido único" da Fervenza do Ézaro.
- O emotivo Meditango de A. Piazzolla no acordeón confinado de Fernando Fraga
- A aventura de música e patrimonio de Fernando Fraga leva a Vivaldi ata a Catedral do Megalitismo
- Fernando Fraga segue levando a música de acordeón por lugares míticos da Costa da Morte.
- Fernando Fraga leva os grandes do acordeón aos lugares míticos da Costa da Morte
- Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión
- O ceense Fernando Fraga levará o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient
- Folcromías, o primeiro disco en solitario de Fernando Fraga, xa está na rúa