Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo

Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón

A banda carballesa Apart vén de publicar este venres un novo vídeoclip: “Shine On Me”. Trátase da píldora final que pecha o álbum “We Want It All”, co que a banda pretende facer honor ao blues e ao soul máis clásicos.

O videoclip, rodado na taberna O Patacón de Carballo, local de lecer coñecido por albergar durante décadas os sons máis alternativos da comarca, foi realizado por Colectivo Lavalija e dirixido por Juan Pirola.

Xa pensa a banda na xira galega. Os próximos concertos, preludio dun verán moi activo, inclúen a “Feira do Viño de Ribeiro” de Ribadavia o 30 de abril, e a sala Jagger en Lugo o 27 de maio. Inés Branco (Voz), Robin Mallo (Guitarra), Daniel Barreiro (Teclados), Iago Pardiñas (Baixo) e Pedro Ramos (Batería) levarán a música carballesa polo país.

Apart grava no Patacon de Carballo

Máis novas de música

Novas de Apart en QPC

Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón