Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Carballo

Apart saca o seu novo single setenteiro na rede

Recén saído do forno aquí temos o novo single e vídeoclip de Apart. A formación carballesa, formada por Inés Branco (Voz), Robin Mallo (Guitarra), Daniel Barreiro (Teclados), Iago Pardiñas (Baixo) e Pedro Ramos (Batería) volve á carga con este “Love Is”, unha canción que enxalzar o amor e a valentía, e que pretende trasladar ao oínte ao rock máis setenteiro.

Esta canción lánzase cun videoclip realizado por Colectivo Lavalija e dirixido por Juan Pirola. O novo traballo de estudo aproxima ao espectador ao día a día da banda, compilando imaxes dun directo, ensaios e escenas en de diversas localizaciones de Bergantiños.

A banda xa prepara as próximas actuacións, o 18 de febreiro na Sala Radar Estudos en Vigo e o 5 de marzo na sala O Pobo, Ourense. E espera ter un verán moi movido.

Novas de Apart

Outras novas sobre música

Apart saca o seu novo single setenteiro na rede