Mércores. 20.11.2019
El tiempo

CARBALLO

A Costa das Mulleres: A historia de Dolores Fernández

Falábamos onte en QPC da presentación que se fixo na Casa da Cultura de Vimianzo do proxecto A Costa das Mulleres, composto por oito pezas audiovisuais que tratan sobre o papel das mulleres na Costa das Morte dende distintas perspectivas profesionais e persoais. Cada un destes vídeos conta con unha protagonista diferente, sendo un total de 9 bravas mulleres costeiras con moitas cousas que dicir as que participan neste proxecto.

 

A primeira é a historia de Dolores Fernández, do Concello de Carballo. Dolores conta a súa experiencia como mestra de formación e directora da Asociación Aspaber (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños), unha asociación que nace para atender a  persoas con discapacidade mental e ás súas familias, axudándoas nas súas tarefas e a convivir con outras persoas. 

Fernández anima á xente a deixar a un lado os prexuízos: "Se nós pensáramos que as nosas persoas non están capacitadas para poder desenvolver un posto de traballo, pois non estaríamos desenvolvendo proxectos para eles", explica. Tamén pon como exemplo o traballo que están a realizar as persoas con discapacidade intelectual no limpeza das calles de Carballo, un logro do que están "moi orgullosos", indica a carballesa.

 Por outro lado, Dolores sinala que este traballo é duro e que lle levou a facer algúns sacrificios, como non poder ir a recoller ao seu fillo ao colexio, pero afirma que, sen dúbida, "ten moita parte positiva".

A Costa das Mulleres: A historia de Dolores Fernández