Venres. 19.04.2024
El tiempo

"A Costa das Mulleres" preséntase polo Día Internacional das Mulleres Rurais

Presentación a costa das mulleres
As oito protagonistas deste proxecto audiovisual ademais de epresentantes institucionais e técnicas e técnicos dos concellos na presentación de A Costa das Mulleres
"A Costa das Mulleres" preséntase polo Día Internacional das Mulleres Rurais

Como xa temos falado hai máis dun mes en QPC sobre o proxecto A Costa das Mulleres, hoxe por fin se fixo realidade polo Día Internacional das Mulleres Rurais. Este proxecto audiovisual impulsado polo GDR - Costa da Morte e pola asociación GDR's de Galicia presentouse esta mañá na Casa da Cultura de Vimianzo. 

A Costa das Mulleres está composto por un total de oito pezas audiovisuais cun mesmo fío conductor: o papel das mulleres na Costa das Morte desde distintas perspectivas profesionais e persoais. 

Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo encargouse de abrir o acto de presentación, acompañada por Manuel Muíño, presidente da Asociación GDR – Costa da Morte “A costa das mulleres é unha iniciativa pensada en positivo coa que pretendemos visibilizar papel que as mulleres, desempeñan, e desempeñaron sempre, no mundo rural. Mulleres que foron o sostén da Costa da Morte e que son claros referentes para a xente máis nova, experiencias de vida nas que a valentía e a superación deben ser exemplos de loita que servan para erradicar a lacra da violencia de xénero”, explica a alcaldesa.

Pola súa parte, Pablo Cacheda, realizador audiovisual do proxecto encargado da presentación das pezas audiovisuais recalcou a “importancia de facer chegar á xente mais nova este recurso audiovisual que hoxe presentamos e que esperamos que teñan un amplo percorrido dentro dos vosos concellos”.

A Costa das Mulleres, que hoxe se presenta como un proxecto audiovisual, aspira a ser a cobertura de outras iniciativas vinculadas coa igualdade de xénero e que aposten pola visibilización de outras historias de moitas mulleres que son as impulsoras do desenvolvemento social, cultural e económico das nosas vilas.

O acto contou coa presenza de representantes institucionais e técnicas e técnicos dos concellos así como das oito protagonistas deste proxecto audiovisual: Carmen Riveiro, Teresa Ferreira, Josefa Carrera, Florentina Atán, Dorinda Moleda, Lucia e Liana Quintela, Loli Fernández e Isabel Tomé.

Este proxecto, conta co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e forma parte do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural para actividades relacionadas coa loita contra a violencia xénero. 

Comentarios