Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo

Dúas propostas bergantiñás levan premios no proxecto Enreguéifate

“A regueifa pedra Angular- freestile” dos Arrieiro e Chaminho, e a “Fachenda da nosa terra”, botada polos membros da recén creada Escola de Regueifa de Carballo, levan sendos premios da sexta edición do certame Enreguéifate. Así o vén de anunciar o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega.

A parella de rapeiros formada polo malpicán Óscar Arriero e o herculino Chaminho, que xa os vimos unindo os mundos do transporte e do mar, da aldea e do barrio, levan o premio á Regueifa máis Reivindicativa.

Ademais, a proposta realizada polo alumnado da escola da regueifa, dirixida por Lupe Blanco, leva o premio á Mellor Falada.

Xa podemos ver todos os gañadores na canle de Youtube de Enreguéifate, tanto da categoría xeral como escolar.

Gala de Entrega

O 14 de abril terá lugar a entrega de premios. Será na Gala Enreguéifate-Regueifesta, un acto que vai celebrarse no Auditorio de Galicia, en Compostela, e que suporá un final de festa conxunto dos dous proxectos educativos. Reunirá un milleiro de persoas, entre escolares e alumnado improvisador chegado de diferentes puntos de Galicia e de centros educativos de Euskadi e Cataluña.
Conducida por Manolo Maseda, Séchu Sende, Olalla Liñares a coristanquesa Lupe Blanco, a gala será unha viaxe polo mundo da improvisación oral en verso, na que tampouco faltará a música en directo.

 

Máis novas sobre regueifa

Dúas propostas bergantiñás levan premios no proxecto Enreguéifate