Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo

21 grupos escolares participaron no Certame de Teatro Lido do FIOT

A canle de Youtube do FIOT publica desde o pasado xoves 21 os vídeos do alumnado participante na nova edición do XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, que este ano se celebra de forma virtual.

Nos vindeiros días un xurado integrado por persoas do mundo das artes escénicas, educación e radio, fará unha primeira deliberación, da que sairán as propostas finalistas do certame. Os premios entregaranse públicamente o domingo 14 de novembro nunha gala presentada polo actor Fran Rei e que terá lugar no Pazo da Cultura.

Participaron grupos dos centrosCEIP Canosa Rus de Coristanco, IES Alfredo Brañas de Carballo, CEIP San Luís Romero de Carballo, CEIP Fogar de Carballo, IES Monte Neme de Carballo, CEIP A Cristina de Carballo, CPI As Revoltas de Cabana, CPI Prurilingue Cabo da Area de Laxe e CPR Artai de Carballo.

Aquí vos deixamos algún vídeo, pero os tendes todos na a href="https://www.youtube.com/FIOTCarballo">canle de Youtube do FIOT .

Última axenda do FIOT

A 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo chega ao seu fin logo de case un mes e medio de celebración.

O venres 29 a clausura do festival chegará coa comedia musical Con lo bien que estábamos (Ferretería Esteban), escrita e dirixida por José Troncoso, na que presenta dúas singulares personaxes: Estaban e Marigel. Ambos teñen a súa vida e son donos dunha ferraxería, mais un día o teatro chega a súa vila e xa nunca máis serán os mesmos. A peza, que conta con Jorge Usón e Carmen Barrantes de protagonistas, é espectáculo con pingas de humor, intriga e misterio, que acadou na última gala dos Premios Max de Teatro dous galardóns: Mellor composición musical para espectáculo escénico e Mellor labor de produción. As tenras e esperpénticas personaxes creadas por Troncoso pecharán o FIOT este venres, a partir das 21.00 horas, poñendo en valor o poder transformador do teatro e ,en cuestión, se é posible un mundo sen arte, sen comedia, sen risa.

AXENDA FIOT - Do 27 ao 29 de outubro

29.10.2021 | 21.00 horas
Pazo da Cultura
Programa de Sala | Nueve de Nueve Teatro: Con lo bien que estábamos (Ferretería Esteban)

Até o 29 de outubro
Pazo da Cultura
En Paralelo | Exposicións: 30 fitos do FIOT e ZoomFIOT 2019

 

 

NOVAS RELACIONADAS

21 grupos escolares participaron no Certame de Teatro Lido do FIOT