Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Carnota

#25N: Carnota #FALA

A importancia de falar, de evitar o silencio, é protagonista da campaña deste ano polo Día Internacional da Violencia de Xénero da Asociación Feminista Sonlilá: #FALA.

A entidade conta ademais coa colaboración da veciña carnotá TSZ Man Chan, artista que non dubidou en "escoitar as nosas reflexións para plasmar ca súa arte o sentir de todas nós", explican dende a entidade. Dende Sonlilá teñen claro que 2as mulleres do rural tecemos redes para coidarnos entre nós, para apoiarnos e protexernos, para crear espazos propios e seguros dende os que combater á violencia machista. Onde ningunha muller se sinta soa, illada ou silenciada."

Por iso, invitan a reflexionar sobre a violencia machista dende o contexto do noso territorio, porque o abandono e illamento no rural suma moitos condicionantes para as mulleres que vivimos nas aldeas.

- O férreo control social e familiar.
- A dependencia económica.
- O medo ao que dirán.
- O illamento.
-  A soedade.
- Un sistema de coidados no que os familiares dependentes (sogros, etc) son responsabilidade nosa.
- A falta de autonomía e tempos propios.
- A lonxanía (as veces incluso para ir denunciar, o medio de transporte depende do propio maltratador).
- O medo á reacción do maltratador si denunciamos.
- O descoñecemento dos recursos de protección e atención.
- A dispersión de ditos recursos.
- A desconfianza neses recursos. Se unha muller acude a eles e atopa que vai atendela un coñecido ou veciño, qué fai?
- A falta de formación específica do persoal de atención.
- Etc...

 

Máis información

A Asociación Son Lilá vólcase cas nosas

#25N: Carnota #FALA