Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Sonlilá vólcase Coas Nosas polo #25N

Sonlilá vólcase Coas Nosas polo #25N

No marco das actividades arredor do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, non podía facer o programa da Asociación Feminista Sonlilá, de Carnota. Un programa baixo o lema “Coas nosas”, co que pretenden facer reflexionar sobre a violencia machista dende o contexto rural no que viven as mulleres do noso territorio

A primeira cita arrinca o venres 13 de novembro, coa presentación nas súas redes FB, TW e IG) da obra #Fala, que a recoñecida artista TSZ Man Chan ten realizado para darlle voz ás mullreres da Costa da Morte. Natural de Hong Kong e comisaria de arte, ten exposto en Londres, Paris, Berlin, Holanda, Orkney, Hong-Kong, Macau e diversas cidades Chinas. A Costa da Morte é a súa última parada na súa busca de desenvolvemento persoal.

Cada día, dende o venres 13 ata o propio 25, visibilizarán a memoria das mullers asasinadas no 2020, porque “cremos firmemente que refacer a memoria colectiva un proceso que contribúe a transformar a sociedade”.

Ademais, para o propio mércores 25 de novembro, convocan unha concentración ás 12:30h na Praza da Pedra de Carnota, onde se poderá ver a exposición As Nosas na Memoria.

Novas sobre o #25N

comentarios