Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carnota

A ESMU de Carnota cántalle ao Monte Pindo

A activa Escola de Música Municipal de Carnota presentaba onte nas redes sociais o tema "Frente ao Monte Pindo”, integramente composto, tocado e cantado por alumnado e mestrado da propia ESMU.

A letra foi composta por Juan Fernández (alumno con diversidade funcional) na que puxo toda a súa ilusión para que se convertira na “CANCIÓN DA INCLUSIÓN E DA IGUALDADE”. E os mestres puxéronse mans á obra para porlle música, ensinarlla a algún/has dos seus alumnos/as e interpretala.
O resto dos artistas son Martín (batería), Carme (piano), Laura (guitarra eléctrica), Ángela (guitarra acústica), Irene (guitarra española) e Ariana, Dania e Jimena (ás voces).

E como non, os cinco mestres que traballaron nas clases con eles cadanseu instrumento, e Castor e Moncho que os acompañaron no estudio de gravación e tocan o baixo eléctrico e o whistle. E cómpre non esquecer a colaboración da Sala Nasmo de Muros.

A ESMU de Carnota cántalle ao Monte Pindo