Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Coristanco

#25N en Coristanco: “Nunca permitas a túa cadeira baleira”

Mira ao frente,
sempre enteira,
nunca permitas
a túa cadeira baleira”

Seguindo a liña aberta o pasado anos, o Concello de Coristanco mantivo este mes a campaña “Nin unha soa cadeira soa”, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Máis de 50 establecimentos adheridos colocaron instantáneas de cadeiras baleiras que “simbolizan, en toda a súa crueza, as terribles consecuencias que pode encadear permanecer impasibles ante situacións de maltrato”.

A acción completouse coa participación de entidades sociais, artistas, centros de ensino…. Deste xeito, xentes como José Antonio Andrade, Loli España, Fernando Calvo Trincado, Xosé Pumar, Lupe Blanco, Isabel Soutullo, Álvaro Antelo, Luís Lista, Evaristo Domínguez, Carmen Méndez, Xan Fernández... participaron na iniciativa.

Así quedou a exposición:

25N en Coristanco

Todas as novas sobre o 25N

#25N en Coristanco: “Nunca permitas a túa cadeira baleira”