Esta semana lembramos a GNR (Grupo Novo Rock), o gran nome da música popular portuguesa, que pasou pola Costa da Morte en Agosto de 1985, o concerto foi en Buño (no campo de futbol) dentro da sexta edición da mostra de Alfarería. Como teloneiros acturaron os vigueses Semen Up.
O pasado domingo 3 de Outubro en Portugal, GNR a banda de Porto formada en 1980, gañou o Globo de Ouro especial na categoría de música.
En 41 anos de carreira, GNR conseguiu a proeza de ser a primeira banda de pop-rock portuguesa en encher estadios no país luso, lembramos algúns de esos concertos:
- En Lisboa o 10 de Outubro de 1992, no estadio José Alvalade do Sporting de Portugal, corenta mil espectadores (aproximadamente) no concerto.
(Dúas semanas antes de este concerto tamén tocara Michael Jackson no José Alavalade). - En Porto o 19 de Xuño de 1993, no estadio das Antas (antigo estadio do Porto), máis de vinte mil espectadores no concerto.
- En 2005 a banda foi condecorada coa medalla de Mérito Cultural, das mans do presidente da república portuguesa Jorge Sampaio.
A formación actual de GNR é a seguinte:
- Tóli César Machado: Batería, acordeón e guitarra.
- Rui Reininho: Voces.
- Jorge Romão: Baixo.
- Rui Maia (X-Wife): Guitarra e sintetizadores.
Rui Maia tamén tocou na Costa da Morte coa súa banda principal X-Wife, foi no verán do 2008, na terceira edición do Sereas e Piratas na Praia de Razo (Carballo).
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
#SOANDOCONFORZA
- 2 playlist para esta finde.
- Plaxios e parecidos razonables.
- A sesión do Orballo Cultural.
- Uns temas para arrincar setembro.
- Un cento de bandas da década dos 2000.
- 8 recomendacións de libros musicais para acabar o verán.
- Unha hora de baile na radio-podcast QPC.
- A versión de Safety Dance de Angel Olsen.
- 39 anos do triunfo da banda carballesa Metro na Corulña.
- Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop.
- 5 versións de bandas nacionais.
- 30 anos dunha cancelación histórica en Bergantiños.
- As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Dous discursos de Pepe Mujica sampleados para a pista de baile.
- Eirís, o carballés que estivo de xira por Corea do Norte.
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.