Xosé Manuel Eirís, estivo marcado artísticamente por un concerto de Amancio Prada (co que máis tarde entablaría amizade) celebrado no instituto Alfredo Brañas de Carballo, en Decembro de 1975.
Pertenceu á coral Polifónica de Bergantiños e ós 16 anos de idade, xa construía zanfonas (chegando a restaurar algunha para o Museo Provincial de A Coruña).
Aínda que en Carballo sempre houbo ambiente de música, Eirís nunca se chegou a sentir integrado en este movemento, do que serían os principais representantes Xocaloma.
O 7 de Abril de 1993, Xosé Manuel Eirís sae de xira para Corea do Norte, onde participaría no festival de Abril de Pyongyang (a capital do país). O festival que durou 7 días, tivo lugar nun teatro. O acto estivo organizado polo goberno coreano e Eirís foi o único artista español. O músico carballés estivo acompañado de unha formación composta de piano, contrabaixo e percusión.
Ademais de Corea do Norte, Xosé Manuel Eirís ofreceu concertos en outros países como Italia, (pasando por Florencia e Perugia os 24 e 25 de xullo de 1987), Francia, Alemaña e Portugal (Madeira), onde Eiris toca “Ai amante” e “Levo pro mar un tormento” (do seu disco “Ese Lago Inmenso”), sendo os temas que representaron a TVG no festival Circo Música 89.
As últimas actuacións fixoas co grupo de O Porriño Na Lúa, cos que actuou por toda España, Portugal e Francia.
Xosé Manuel Eirís, deixóunos en 1996 ós 37 anos de idade.
EIRIS - ESE LAGO INMENSO
- Xullo de 1988 (Único LP gravado por este cantautor carballés).
As cancións son dous poemas de Eiris e o resto, de escritores como: Álvaro Cunqueiro, Albert Ponteou ou o portugués José Pacoal.
Malia que a Eiris se asocia coa zanfona, en este disco só ten lixeiros toques de este instrumento.
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
Outras novas de música
#SOANDOCONFORZA
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.