Venres. 19.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

Luar Na Lubre estrea o seu novo disco no que a Costa da Morte é protagonista

Sumerxidos nos bosques do Vákner a banda Luar na Lubre volve saír á escena cun novo traballo no que a Costa da Morte ten un papel especial.

O 19º traballo discográfico do grupo aproveita o fío do Xacobeo para poñer en valor patrimonio humano do Camiño de Santiago a través das historias de quen percorreu, e segue a percorrer, os seus sendeiros: os peregrinos. Neste disco a Costa da Morte ten un papel protagonista en temas como Mártiros e o vákner, (Bela) Muxía e Dugium, ou en creacións sonoras como Camiño dos celtas e Na romería.

Onte facía a estrea especial cun doble pase na Estrada, pero xa tendes o álbum (dispoñible en tendas físicas e plataformas dixitais) coincidindo coa publicación do terceiro single, Dum Pater Familias, cantado integramente en latin e que conta cun videoclip de animación.

luar na lubre en Concerto

Novas de Luar na Lubre

Luar Na Lubre estrea o seu novo disco no que a Costa da Morte é protagonista