Os escolares de Fisterra énchense de “Alegría” coa proxección doutro documental sobre o Prestige

”Aleghría” era o berro que lanzaban @s milleir@s de voluntari@s da Marea Blanca para animarse cando limpaban o noso litoral. Un canto de esperanza, de luz, naqueles tempos escuros que co gallo do 20 aniversario recolle Ecoloxistas en Acción para a creación dun documental sobre a catástrofe do Prestige.

Con xentes como Merche Díaz Mayán, Luís Rodríguez, o voluntario Sven, ou Nacho Castro, a produtora Urco fai un percorrido pola desfeita da xestión, aque ben podería ter rematado coa mesma Alegría, filla do Prestige, a filla de Sole Méndez, unha das voluntarias da Marea Blanca que quedou na Costa da Morte para sempre.

Unha das partes máis importantes de toda esta recuperación histórica, e que non se está a coidar nada dende as produtoras, é o traslado ás seguintes xeracións. De aí a importancia deste evento. O Salón de actos do Concello de Fisterra acolle o vindeiro venres 27 de xaneiro, ás 11:30h, a proxección deste documental, nunha cita destinada ao alumnado de 3° e 4° da ESO dos centros escolares de Fisterra.

Que tomen boa nota.

Artigos relacionados

Novas do Prestige