Venres. 26.04.2024
El tiempo

Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”

Gonzo con Salvados no Prestige
Gonzo na premier
Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”

A3Media vén de presentar este xoves 3 de novembro o documental “Prestige, 20 anos despois”, coincidindo co 20 aniversario do afundimento do petroleiro que asolagou de chapapote o noso litoral.

Á fronte do documental atopamos a Gonzo (Fernando González, Vigo, 1976), un dos xornalistas máis influíntes do noso país. O actual presentador de Salvados (este domingo hai especial en LaSexta) afonda nas consecuencias da catrástofe, centrándose na xestión política levada a cabo naqueles meses de 200-2003.

Falamos con el:

  • QPC: Lembras o momento no que comezaron a anunciaron que un barco estaba a piques de afundir na Costa? Que facías naquel entón?

Estaba na redacción de Radio Nacional en Lugo escoitando un informativo. Naquel momento non lle din moita importancia, supoño que todos cando pasa algo así temos esperanza en que non pasa nada. Pero si lembran a sensación de “outra vez”. O Mar Egeo, Casón… e agora “outra vez”…
Pero, xa o segundo día, vendo que o barco se alonxaba, vendo as informacións contrapostas… comecei a pebsar pensar “que carallo están a facer co barco”, e despois falando coa xente do mar, das mareas… foi comendo a sensación de indignación, supoño que como todos vivimos aquelas semanas.

 
  • QPC: Participaches como voluntario na Marea Branca?

Nada, traballaba a diario, e no Nadal aquel que pensaba que podería ir a botar unha man, tiven que traballar. De feito, eu tiña un contrato en prácticas, non librei nin o día o día de Nadal. Se ben en Lugo non nos tocaba directamente, si lembro dar as novas de que aparecían as primeiras galletas de chapapote en Burela.

 
  • QPC: Por que cres que é necesario facer esta clase de documentais a día de hoxe 20 anos despois?? Cres que a xente ten esquecido a catástrofe?

Porque ten moita actualidade todo o que pasou a raíz do accidente. A política comunicativa, agora que vivimos na época das fakenews, de desinformación intencionada, é moi semellante.
Ademais, aqueles temps foron un exemplo de cohesión social e resposta social ante unha xustiza que foi a xestión, non a parte ambiental.
A Actualidade é que se hoxe se pasase algo semellante, os gobernos farían o mesmo.

 
  • QPC: Que redescubriches facendo este documental? Que te chamou máis a atención?

Que o estado do barco era tan lamenbtable, que nin Mangouras era o capitán, se non que dimitira o capitán polo mal estado de mantemento do buque e Mangouras, xa xubliado, aceptou volver; que houbo funcionarios de Inspección, Capitanía, e Salvamento, que foron ignorados porque dicían o contrario do que opinaban os de arriba, e que funcionaros que obedecían, foron ascendidos.
Outra cousa que si me sorprendeu, é que agora falas de Mangouras e a xente pensa que morreu. Que pasa, todavía hai algo que manter silencio? Si, porque hai aínda en Londres un asunto na xustiza coa aseguradora e o que poida dicir Mandouras influirá e moito.

 
  • QPC: Todos os colectivos medioambientais sinalan que nada ten cambiando a nivel lexilativo ante unha posible catástrofe. Na Costa da Morte sufrimos alarmas continuas cada inverno con barcos con problemas polo Corredor de Fisterra, polo que pasan 40.000 embarcacións ao ano, pero nada se fai para intentar controlar ese tráfico. Que che parece?

Aí o goberno da Xunta pouco ten que facer, é competencia do Estado, mesmo estando a tanta distancia. A verdade é que 20 anos sen ter outra catástrofe coma esta, tendo en conta a historia, é moito tempo. Pero si, creo que farían o mesmo. De feito, o propio López Sors di no especial claramente que “a veces penso que tería que haber outro Prestige para que xente vise que era o que tiñamos que facer”, ou “se metéramos o barco nun porto refuxio aínda estaría lanzando chapapote cada xoves”… Seguen erre que erre.

 
  • QPC: Volvendo máis ao persoal. Como leva un galego a vida no interior? Botas de menos Vigo ou Riotorto?

Bótase de menos, claro. Pero bueno, agora formei a miña familia e xa acabas botando raíces. Teño a sorte de que Salvados faise en Barcelona, e poder saír de traballar e dar unha voltiña polo mar.
Pero bueno, manteño moito contacto coa terra, cos amigos, ca familia. Aínda o xoves antes da estrea, ao chegar ao hotel na Coruña, aínda baixei a dar unha volta polo Orzán e Riazor, pero non polo paseo, senón pola area.

 
  • QPC: Como é a túa relación ca cidade da Coruña?

Como vigués, teño o necesario cachondeo. Pero teño tamén moito vínculo profesional, xa que houbo un programa “Filmanova”, que se rodaba na Coruña, polo que viña constantemente. Teño familia e amigos tamén.

 
  • QPC: Como é a túa relación coa Costa da Morte?

Coñezo ben a zona. De feito teño familia en Corme. A miña tía é dos Cousillas, filla de Aurelio e Elvira, familia de percebeiros. Ía moito de pequeno e lembro moito aquela casa da entrada, que tiña 6 curmáns e sempre era unha festa. Iamos moito á praia da Ermida, claro, e sempre vou cando me achego pola zona.

Pero tamén son un namorado de Muxía, Camariñas… O Camiño do Reira, facendo andando ou en coche, encántame.
Ademais, vivín moito tempo en Santiago e ía moito ata Ézaro, cando aínda había as pozas, e teño grandes recordos daqueles baños e solpores, que gardo como unha das mellores imaxes que teño de Galicia.

 
  • QPC: Que carencias atopas ao volver ao aís?

Nas aldeas atopo carencias de vida, que pouco lle queda. Están abandonadas. A novidade en Riotorto, por exemplo, nos últimos anos foi unha pista de padel. O esforzo é para que a xente non se aburra, pero non para que a xente quede. Teño familia cunha explotación gandeira de 35 vacas e dá a sensación de que sempre vai mal.
Vexo que hai eixo atlántico no que se invirte moito e unha Galicia rural bastante abandonada.

 
  • QPC: A pesar do voto?

A Galicia interior carece de certa tradición democrática. Os mitins máis impactantes que vivín foi na capela da aldea, onde nos dicían a quen tiñamos que votar…
Pero bueno, aínda se removen cousas. Na miña aldea montouse unha asociación cultural e acabou gobernando o BNG. Cando a xente fai cousas, os maiores tamén se enteran de quen fai ou non.

 
  • QPC: Cando te vemos dirixindo un documental sobre o narcotráfico na Costa?

Ostía, non estaría de mais, e con Nacho Carretero, claro. Esto parece que se acabou, pero ben sei que segue funcionando.

 
  • QPC: E unha dende dentro. Que papel cres que facemos os xornais comarcais en Galicia? Nós levamos 15 anos, pero ves futuro en proxectos coma estes?

Ostiá, a miña opinión non se debería ter moito en conta, pois non teño moito tempo para analizar a media comarcal. Si son asiduo a algún dixital, e leo as portas dos hexemónicos, pero estou convencido de que se algo se pode cambiar, nacerá do xornalismo cooperativo. Os grandes son fáciles de domar polos gobernos. E vexo que aquí hai unha facultade de xornalismo bastante boa, e dame bo rollo que haia xente preparada que levante proxectos coma o voso para quedar na casa. O Xornalismo de iniciativa cooperativa é o futuro”.  

Novas relacionadas

Seguemento do Xuízo do Prestige

Comentarios