O PSOE estreou en Muxía o seu documental sobre a xestión política do Prestige

A plana maior do PSOE estivo onte en Muxía para a estrea do seu documental “Prestige, 20 anos despois”. Un traballo que reivindica “a mobilización social que levou aos socialistas á Xunta despois de que os gobernos autonómico e central mentiran á poboación co descaro máis absoluto”.
Escoltados polos rexedores e rexedoras da comarca, o documental, e a presentación contou coa participación de voces do partido da actualidade, como o propio Formoso, así como daquel momento, como o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a ex conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o exportavoz parlamentario Ismael Rego ou a exparlamentaria camariñá Marisol Soneira.
Tamén contaron con outras figuras alleas que viviron de primeira man aquel suceso, como a actriz e directora teatral Tamara Canosa, o expatrón maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro, o coordinador de Protección Civil de Muxía, Ramón Pérez Barrientos, así como representantes do sector do marisqueo e a pesca, como a bateeira e presidenta da asociación Mulleres Salgadas, Dolores Gómez.
Ademais do voceiro nacional, falaron xentes da comarca como Sandra Ínsua, alcaldesa de Camariñas, que contou que daquel ocupaba a área de cultura e Deportes, con tan só 26 e ademais de botar unha man co voluntariado, foi a encargada de xestionar o legado de Man, o icónico alemán que chegou a ter un museo en Camelle.
Aquí tendes o primeiro capítulo e podedes ver o resto nesta ligazón.
Artigos relacionados
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
Novas do Prestige
- Un Glosario contra aquela Gran Burla Negra.
- Que foi do chapapote do Prestige?.
- A investigación universitaria e a sociedade civil analizan as consecuencias do Prestige en Muxía.
- Camariñas homenaxeará ás persoas voluntarias ddo ‘Prestige’ que se aloxaron no Concello.
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.