A investigación universitaria e a sociedade civil analizan as consecuencias do Prestige en Muxía
- A ministra Isabel Rodríguez participará este domingo na homenaxe ás persoas voluntarias da catástrofe do ‘Prestige’ que se aloxaron en Camariñas.
- O IES Ramón Caamaño de Muxía acolle a emisión de dous programas radiofónicos estatais.

Este venres 11 de novembro, o Parador de Lourido acolle outro evento singular arredor do Prestige. O Centro de Investigación Interunivesitario ECOBAS organiza unha xornada, en colaboración coa empresa muradá Frescoydelmar e o Bela Muxía, baixo o título "Prestige, 20 anos despois”. Unha sesión de reflexión na que participará a propia directora científica do Centro, a Catedrática en Economía María Loureiro, foi a encargada de peritar o impacto económico da catástrofe do Prestige e vén de participar na segunda entrega do especial de "Salvados" que sae este domingo.
Pero serán moitas máis personalidades (Antonio García ALlut, Ricardo García Mira, Milucho Louro, Chisco Fdez. Naval, Nacho Castro, ou os voluntari@s Sven e Sole Méndez) os que participen nas dúas mesas redondas.
O evento será emitido en streaming pola Canle de Youtube de ECOBAS.
Programa da xornada
O evento comezará ás 10.00 e incluirá durante a mañá a primeira mesa redonda, baixo o título “A ciencia galega co Prestige”. A propia Loureiro explica que a mesa (as mesas serán moderadas por Pepe Formoso) “contará con investigadores e investigadoras de diferentes disciplinas, para amosar vos/vos impactos do buque Prestife nos/nos ecosistemas galegos, a economía e a sociedade, dende unha perspectiva científica e académica”.
A segunda mesa redonda, baixo o nome de “Experiencias en primeira persoa”, contará coa implicación da sociedade civil. Os actores sociais máis relevantes que interviñeron na catástrofe do Prestige compartirán as súas experiencias. As confrarías, os servizos de protección civil e os voluntarios, entre outros, estarán presentes nesta mesa.
A xornada contará coa reprodución de vídeos de invitados e relatorios en streaming, entre os que se inclúen Iñaki Gabilondo, Mercedes Milá e Manolo Rivas, entre outros. A actuación musical do acordeonista Fernando Fraga pechará a xornada.
Autobuses e inscrición
A organización habilitará transporte até Muxía desde as principais cidades galegas para os #asistente ao evento. As persoas interesadas en acudir presencialmente á xornada poden inscribirse até o vindeiro mércores 9 de novembro ás 12:00, na web do evento
Evento en Camariñas

Tamén fai o Concello de Camariñas o seu evento para lembrar a catástrofe. Faino este domingo, 13 de novembro, co acto ‘Marea Branca 2022-2022’, unha homenaxe aos centos de voluntarios e voluntarias que limparon o litoral e que se aloxaron no municipio.
O acto, que comezará ás 12 horas na Casa de Pedra, contará coa presenza da ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, ademais de representantes doutras institucións a nivel autonómico, provincial e local, do tecido asociativo e das entidades do municipio e de colectivos e persoas que no ano 2002 participaron de forma activa nas labores de limpeza do litoral.
A programación da xornada abrirase cunha mesa redonda con experiencias e relatos de persoas que viviron en primeira persoa o afundimento do ‘Prestige’. Logo, tralas intervencións das autoridades, ao redor das 14 horas farase unha visita ao mural instalado na Lonxa Vella, cunha fotografía do fotógrafo José Manuel Casal, un dos momentos da limpeza da costa.
Os músicos locais Belem Tajes e Fran Barcia serán os encargados de amenizar este momento.
Cita radiofónica en Muxía
Paralelamente este venres 11 de novembro RNE e Onda Cero Galicia emitirán os seus informativos matutinos desde o IES Ramón Caamaño de Muxía.
O programa de RNE “Las Mañanas”, presentado e dirixido por Íñigo Alfonso, emitirase 8:00 a 10:00 horas da mañá. Neste informativo participará xente de Muxía que viviu a traxedia do Prestige en primeira persoa.
De 13:40 a 15:00 horas, Onda Cero Galicia emitirá o informativo rexional, conducido pola periodista Ángeles San Luis, para lembrar os vinte anos da catástrofe do Prestige que tan de preto se viviu en Muxía.
O profesorado e o alumnado do centro formarán parte activa da xornada, e verán en directo como se fai un informativo e o funcionamento interno dun programa de radio. O centro dispón de prazas para os veciños de Muxía que queiran asistir como público á emisión do programa de Onda Cero de 13:40 a 15:00 horas. Os interesados poden poñerse en contacto coa conserxería do centro.
Novas do Prestige
- Camariñas homenaxeará ás persoas voluntarias ddo ‘Prestige’ que se aloxaron no Concello.
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
Seguemento do Xuízo do Prestige, por José Luís Louzán
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.