Este pasado venres tivo lugar na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas foi presentado o cartel da Semana Santa de Fisterra 2020. O protagonista nesta edición é a Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén”. Como ben destacou o portavoz da Xunta de Confrarías, Javier Trillo, esta presentación da o pistoletazo de saída ao duro traballo que hai detrás desta celebración que involucra a boa parte do pobo fisterrán, para que todos os actos vivintes e procesións que se celebran na Semana de Paixón estean cuidados ata o último detalle.
Así mesmo, o alcalde de Fisterra, tamén resaltou a tradición que ten as súas espaldas a Semana Santa de Fisterra que data os seus inicios en el século XIV. O fervor e o recollemento co que se viven os actos e as procesións fai que a Semana Santa de Fisterra sexa diferente a calquera outra.
A presentación serviu para ensinar o vídeo promocional que, xunto co cartel e trípticos informativos, estarán presentes en FITUR.
Programa
Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra, entra na exposición permanente da Xunta Prol Semana Santa de España.
- Semana Santa 2019: As 10 cousas que te perdiches se non viñeches á Costa da Morte por Semana Santa.
- 2017: Fisterra quédase pequena por Semana Santa.
- Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa.