Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica

Aberta unha nova ficha para os Petroglifos de Punta Nariga

Ademais da Croa do Castro, parece que o patrimonio arqueolóxico de Malpica está agromando ultimamente. Así o comprobamos con este vídeo que publica Arbore Arqueoloxía no marco da súa investigación sobre os recentemente descubertos Petroglifos de Punta Nariga.

Nunha acción subvencionada pola Consellería de Cultura e Turismo, acaban de realizar unha fotogrametría para anlizar os motivos do gravado. Valoran que se trata dun petroglifo da época medieval moderna, ao atopar diferentes cruces, un pequeno barco, cun mastil, cruces con peana, e o que parece pode ser un escudo ou un campo epigráfico. Ademais, como avanzaba o Colectito A Rula, o gravado pode incluir unha data: 1611.

Seguiremos de preto esta pista.

Novas relacionadas

Aberta unha nova ficha para os Petroglifos de Punta Nariga