Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica

Malpica para explicar a Talasonimia galega

Que Galicia é unha das zonas de Europa con maior número de topónimos é ben coñecido. Pero a realidade é que a importancia dos microtopónimos. Montamos na ghamela da cooperativa de comunicación Xarda para debullar o que é a talasonimia, unha nova liña que demostra o infinito patrimonio inmaterial galego, nomeadamente lingüístico.

Con xenes como Rocío Romar, divulgadora e docente, ou José Barizo “Castelao”, pisamos as Pedras do Paso, o Barco de Maghé, o Bufadoiro, a Chanceira, O Boliño ou o Meixón da Chispa, onde están os mellores percebes das Sisargas… algúns dos microtopónimos que teñen dúas funcións: como xeolocalizador e como descriptor da realidade.

Un patrimonio que pode esvaecerse, en parte pola tecnoloxía, que lle roubou un dos seus cometidos.

O segundo capítulo afonda sobre a labor de recollida interxeracional do IES Urbano Lugrís, ademais de dar conta da función xeolocalizadora :

E no Capítulo 4 analizan a orixe do topónimo Malpica como topónimo tautolóxico:

 

Outras reportaxes audiovisuais de Xarda

Malpica para explicar a Talasonimia galega