Sábado. 28.11.2020
El tiempo

O Festiletras, exemplo de empoderamento da Muller Rural

Julia Bermúdez recolleu o recoñemento eno me do Festiletras
Julia Bermúdez recolleu o recoñemento eno me do Festiletras
O Festiletras, exemplo de empoderamento da Muller Rural

A Deputación da Coruña e FADEMUR veñen de facer entrega dos seus recoñecementos no marco do Día Internacional da Muller Rural. E un dos colectivos premiados é o Festiletras de Ponteceso.

Foi Julia Bermúdez, unha das mulleres máis activas do festival e das actividades que realiza a familia do Couto, a que acodeu á Granxa O Castiñeiro de Ordes, a recoller o galardón.

Os promotores do premio queren recoñecer a aportación da festa das letras da pequena aldea pontecesá ao mundo da cultura, a lingua e as artes. Valoran ademais a “tradición entre a veciñanza de participación, de alianza, de colaboración e de voluntariado” para a organización do evento, cunha “compoñente de colaboración interxeracional que fai de este proxecto unha aposta singular”.

Novas relacionadas

comentarios