The Rapants lanzan "Viaxei", un novo sinxelo do disco ‘Rapants Club’
12 de febreiro de 2026 (17:18 h.)
Non fai nin 3 semanas que lanzazaban o primeiro avance do seu novo disco, "Rapants Club", álbum que se presentará ao vivo o 28 de marzo no Multiusos do Sar (entradas esgotadas).
E xa aparecen cunha nova entrega, cun son máis que recoñecible, pero desta volta con toques de cumba. The Rapants presentan hoxe en todas as plataformas o sinxelo "Viaxei", que mestura os seus característicos riffs guitarreiros e os seus retrousos pegadizos cos ritmos latinos.
Viaxei é unha mostra do carisma e actitude de The Rapants, que non dubidan en expandir o seu “bo rollo” cara estilos como a cumbia, a música disco ou a electrónica. Ademais, o sinxelo chega con novo videoclip dirixido por La Bellavista e que dá continuidade ao universo das ‘Rapants Club’.
A historia de The Rapants en QPC
- 2018: As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records.
- 2019: The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”
- 2020: Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas.
- 2021: The Rapants unen forzas con Grande Amore
- 2022: The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea.
- 2023: "La máquina del buen rollo", o novo disco de The Rapants que "destila Muros", xa nas redes.
- 2024: The Rapants puxo a bailar a todo Carballo para pechar o San Xoán.
- 2024: The Rapants: Da Nasmo a Riazor.
- 2026: Campal o novo vídeo de The Rapants cheo de cameos