Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas
Seguen medrando as bandas muradáns. A última boa nova chega dende The Rapants, que acaban de coa súa enerxética proposta o primeiro premio no concurso de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas. Un certame organizado pola Fundación Paideia, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputación da Coruña, no marco do Festival da Luz.
A vitoria de The Rapants levaraos a gravar un EP e un videoclip en Estudios Mans e a presentar o seu traballo en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia
Os muradáns quedaron por diante da artista Catuxa Salom, segundo os votos do xurado, composto por Noe Vázquez (A Arca da Noe), Miguel Lueiro (Sala Sónar) e Marcos Vázquez (Fábrica de Chocolate Club).
The Rapants, que segue no proxecto de apoio e desenrolo de bandas km.0 do Festival das Carrilanas que conta co apoio de Cultura da Deputación de A Coruña, ten dúas datas confirmadas para o mes de setembro.
- 19 de setembro - Certame de Música Galega Alfoz (Casa da Cultura de Alfoz)
- 25 de setembro - Festival Osa do Mar (Burela)