luns. 26.01.2026
El tiempo

Muros

Campal o novo vídeo de The Rapants cheo de cameos

Tremendo o novo vídeo que acaba de sacar The Rapants. A banda muradá lanza xunto con Joe Crepúsculo (ao que fan cantar por primeira vez en galego, “Non sei como”, outro fresco bombazo guitarreiro que serve de presentación do que será o novo elepé: Rapants Club. Pero ademais vén acompañado dun vídeo tremendo, dirixido e producido por La Bellavista, que comeza na taberna de Loló con dous grandes da escea galega como Miguel de Lira e o mazaricán Fede Pérez.

Polo camiño aparecen os mítcos saltos ao mar de Champi, unha ondada de Guillermo Carracedo, uns toques de Hugo Rama, un cameo de Xián Pais e de 9Louro, unhas pouco bailongas Caamaño e Ameixeiras… para deixar outra nova marabilla dos Xaquín, Samu, Mati e Xanma.

Neste primeiro avance, os rapantes deixa entrever os sucos polos que van navegar no álbum: en Non Sei Como predomina a música disco con carácter rock e toques de electrónica, conta cun retrouso 'pegadizo' desde a primeira escoita, a letra é fiel ao seu estilo e rende homenaxe ás referencias do grupo muradán, como é o caso de Joe Crepúsculo. O catalán colabora tanto cos sintetizadores coma cantando por primeira vez en galego. Aínda que o disco se gravou nos estudios La Mina (Granada) e Boavista (Madrid), o encontro produciuse este verán en El Náutico (San Vicente).


Entradas practicamente esgotadas para a presentación de Rapants Club

A estrea en directo do novo disco de The Rapants terá lugar o 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cita para a que xa non quedan entradas tanto en pista coma en diversas gradas -que se esgotaron ás poucas horas de activar a venda en www.ataquilla.com-. 

A historia de The Rapants en QPC

Campal o novo vídeo de The Rapants cheo de cameos