Mércores. 23.10.2024
El tiempo

The Rapants puxo a bailar a todo Carballo para pechar o San Xoán

The Rapants entregados a Carballo
The Rapants entregados a Carballo
The Rapants puxo a bailar a todo Carballo para pechar o San Xoán

Coa Festa do Bosque como broche diurno para este domingo, a versión nocturna das Festas do San Xoán de Carballo botaron o peche esta pasada noite de venres 28 de xuño a golpe de bo rollo.

A banda muradá The Rapants fixeron un bolazo nunha praza do centro carballés ateigada de rapazada de toda a comarca, que gozaron e bailaron cos seus ritmos funkeiros e as súas letras pegadizas tanto dos pasados discos como desta última proposta de “La máquina del buen rollo”.

O concerto foi subindo decibelios e a praza foi movéndose como se fose unha onda de boas vibracións, dando conta desa intención dos muradáns de ofrecer diversión en cada reef. Os Xanma, Rapante, Matías e Xaquín gozaron da paixón do público co pepito grillo do eterno Saltamontes (o cumio da diversión para os muradáns) de telón de fondo.

Espéralles un verán ateigado de citas para estes musicóns da ría de Muros por toda a xeografía estatal.

  asd

Comentarios