The Rapants: Da Nasmo a Riazor
13:00 11/08/24
Brutal o que conseguiron os muradáns The Rapants esta noite de sábado. Fixeron bailar, e puxeron a cantar en galego, a toda unha praia de Riazor a rebentar coa súa Máquina del Buen Rollo, no marco do peche da 37ª edición do Festival Noroeste, unha das grandes citas musiqueiras do verán en Galicia.
Os muradáns xa tocaran fai 5 anos, pero en horario de tarde, como gañadores do Festival de Bandas de CUAC FM, pero onte volveron para romper a noite cos seus ritmos frescos.
Nados ao amparo da eterna Sala Nasmo, o local de ensaio muradán, fai apenas 6 anos que gravaban a súa primeira maqueta e 5 dende que lanzaban a súa primeira xira con frases pegadizas e bailes esperpénticos. Toca invadir o mundo.