The Rapants unen forzas con Grande Amore

Xa temos novo temazo da banda muradá The Rapants. Os Samuel, Matías, Xaquín e Xanma unen o seu garaxe coa creatividade de Grande Amore para lanzar “A Vida”, o último adelantodo novo álbum “O Corasón como un Áfter”, que verá a luz a finais de ano.
Con portada de @AnxoBeiro, fan esta colaboración co artista de Burela, fusionando a potencia de dúas das mellores bandas do panorama galego actual. A Vida reflexiona sobre os obxectos soñados de nenos, os cartos, o tempo, o éxito o amor…
Un single gravado e mesturado por Iago Blanco en Drum&Roll Studios (A Coruña), baixo o selo La Fábrica de Chocolate Club, coa distribución de Altafonte e a colaboración de Carrilanas Esteiro (como non) e Ernie Records que xa podedes escoitar tamén en todas as plataformas.
A banda publicaba hai un mes este O Avión:
Novas relacionadas
- Setembro 22: The Rapants sacan nova psico-cumbia con Galician Army.
- Xullo 22: The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea.
- Decembro 21: The Rapants estrearon novo e divertido EP.
- Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas.
- The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.