Xoves. 15.04.2021
El tiempo

Muxía

#Muxiatoleranciacero.: "As violencias machistas só se poden eliminar de raíz."

Esta mañá, no Salón de Plenos, a concelleira de Igualdade do Concello de Muxía pronunciou a lectura institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

‘Cociñando Relacións’,

De igual xeito, rematou o proxecto ‘Cociñando Relacións’, artellado polo Concello e o CIM. Un curso separado en tres fases:
A primeira, Entre fogóns falamos de relacións, levouse a cabo entre homes e abordáronse conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero ou a construción específica da masculinidade. Tamén se levou a cabo unha actividade de cociña, para incentivar e concienciar da necesidade de realizar as tarefas do fogar, e o máis importante: asumilas como propias.
Na segunda, Receitas de sororidade, traballouse con mulleres para abordar conceptos básicos de igualdade de oportunidades, a toma de decisións para mellorar a autoestima ou a autonomía, a capacidade de dicir non e o
recoñecemento da violencia de xénero.
Por último, nos Pinchos do botrato, traballouse co alumnado do IES Ramón Caamaño conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero e sobre o bo trato para achegarnos ás relacións de igualdade
 e o respecto ás diferencias. Fíxose especial fincapé na ruptura dos roles e estereotipos de xénero como factores causantes das desigualdades, previr a violencia de xénero, detectar factores de risco e reflexionar sobre esta
problemática.

 

Cocinando en igualdalde en Muxía

Todas as novas sobre o #25N

#Muxiatoleranciacero.: "As violencias machistas só se poden eliminar de raíz."