xoves. 14.11.2024
El tiempo

Muxía

O Comedor do CEIP Os Muíños recibe o selo SlowFood

En Galicia só o CEIP Xacinto Amigo Lera de Portomouro ten este distintivo. Se ben hai dous máis en marcha, o comedor do CEIP Os Muíños é o segundo en obtelo. Este venres a entidade SlowFood Compostela achégase ao centro muxián para darlle o selo #ComedorEscolarKm0.

Unha distinción que vai máis alá do proxecto de Comedores ecolóxicos, pois a entidade céntrase na trazabilidade de todos os produtos. “Non implica ser ecolóxico. Este selo comproba que os comedores se nutren pequenos produtores de proximidade, comprobando a trazabilidade e comprobando que son produtos frescos, de tempada, de calidade, que están en perfectas condicións e a prezos xustos para ambas partes”, sinala Leonor Lorenzo Abalo, presidante da Slow Food Compostela.

”Nos Muíños teñén unha trazabilidade boísima de todos os produtos, non só os de hora, se non tamén carnes., bebidas… ata o lácteo compran a unha granxa de aí ao lado”, destaca.

”Este selo debe ser unha garantía de cara ás ANPAS, de cara á administracións, para demostrarlle que é posible facelo así, e que sirva de exemplo para outros colexios”.

Esta condecoración supón un interesante impulso ao proxecto dos Ecocomedores escolares que está en marcha a través do GDR, que tamén están asociados ao distintivo Slow Food.

Novas relacionadas

O Comedor do CEIP Os Muíños recibe o selo SlowFood