Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía

Josefa Carrera, ex percebeira: “Toda a miña vida foi traballar coma unha negra”

Finalizamos a serie de artigos do proxecto de A Costa das Mulleres coa historia de Josefa Carrera, mellor coñecida como Pepita, unha ex percebeira muxiana que adicou toda a súa vida ao mar e á terra. Josefa comezou a ir aos percebes con tan só 12 anos co resto de homes, un claro exemplo de muller loitadora.

“Toda a miña vida foi traballar coma unha negra”, explica Josefa, quen sabía dos perigos que tiña esta profesión e nunca deixaría que as súas fillas seguisen os seus pasos. Así foi como Carrera se prometeu a si mesma que “morrería no mar pero que elas non ían saber onde eu apañaba os percebes”, afirma a muxiana. Aínda así, a pesares de todos os esforzos que lle trouxo o mar, sabe que non pode vivir sin el.

Josefa foi a primeira en baixar ao mar cando sucedeu o naufraxio do Prestige. “Collín a roupa de augas e marchei para alí”, recorda, mais cando chegou uns rapaces dixéronlle que volvera á casa, que era demasiado maior para iso. De todos modos, a muxiana, vendo como eles traballaban baixo a chuvia, fíxolles toda unha cafeteira de café e levoulla a aqueles que estaban a limpar o chapapote.

Josefa Carrera, ex percebeira: “Toda a miña vida foi traballar coma unha negra”