Venres. 19.04.2024
El tiempo

Outros Deportes

Cesar Ferrío analiza nos #DirectosQPC as competicións de volei, fútbol, ciclismo...

Este luns 25 de maio, a sesión habitual co Fútbol da Costa dos #DirectosQPC abriu o abano para falar de máis deportes. Unha semana que nos levará esta semana de Dumbría a Muros pasando por Baio. Se ben mañá volveremos a Dumbría para falarmos co alcalde José Manuel Pequeño en clave de praia, hoxe a actualidade obrigounos a falar con César Ferrío técnico municipal de Deportes, presidente do Club de Fútbol e responsable de gran parte das actividades deportivas do Concello.

Porque a a Real Federación Española de Voleibol vén de deixar fóra do ascenso ao Volei Dumbría á máxima categoría do volei estatal. Unha situación que “mosquea” no seo da familia dumbriesa, que non entende moitas das cousas arredor desa decisión, pero que se asume con resignación, pensando en volver competir o ano que vén na SuperLiga2.

Ferrío falou tamén de fútbol, e do que pode pasar este mércores (ou xoves) coa decisión que tome a RFGF sobre os ascensos. Lembramos que o Dumbría se atopa nos postos de promoción e pode que o equipo xogue en Preferente ou 1ª para o ano que vén. En todo o caso, o club seguirá dando continuidade ao proxecto de canteira que lideran Pablo Conde e David Carreira.

En clave de ciclismo, lembrou que o Gran Fondo Ézaro está adiado para o 11 de xullo de 2021, (pero que o 90% dos que estaban inscritos teñen renovado a súa participación), pero que a Costa da Morte espera a chegada do pelotón da Vuelta a España o 3 de novembro.

Deporte comarcal; Deporte como motor económico

Reflexionou sobre a importancia de acertar cas persoas que comandan os proxectos deportivos (FSF, piragüismo, volei, fútbol, ciclismo…) e repasou a idea do Concello de Dumbría de apostar polo deporte comarcal, e polos eventos de alto nivel como motor económico e escaparate turístico.

Entrevistas dos DirectosQPC

Novas relacionadas

Cesar Ferrío analiza nos #DirectosQPC as competicións de volei, fútbol, ciclismo...