Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xa hai data para a chegada do pelotón da Vuelta ao Alto do Ézaro

Imaxe dunha das chegadas ao Ézaro-Foto-Xosé Sendón
Xa hai data para a chegada do pelotón da Vuelta ao Alto do Ézaro

Non se fixo esperar as decisións da UCI tanto como as doutros deportes. O calendario completo de probas ciciistas para este 2020 xa está perfilado, e La Vuelta a España toca do martes 20 de outubro e rematará o domingo 8 de novembro.

Deste xeito, a gran cita da proba, a decisiva contrarreloxo dende Muros ao Alto do Ézaro celebrarase o 3 de novembro. Será pois a edición máis tardía dos seus 85 anos de historia, superando á de 2001, que rematara o 30 de setembro.

Antes disputaránse as grandes probas, como son o Tour de Francia (29 de agosto ao 20 de setembro), o Mundial de Ciclismo en Ruta de Suiza (20 – 27 de setembro), ou o Giro de Italia (do 3 ao 25 de outubro).

Unha nova que trascende o deporte e pode ser un importante revulsivo a nivel económico.

Novas relacionadas

Comentarios