Martes. 01.12.2020
El tiempo

O Volei Dumbría critica a falta de obxectividade da RFEV para determinar os ascensos á Superliga

Plantel do Volei Dumbria 2019-2020
Plantel do Volei Dumbria 2019-2020
O Volei Dumbría critica a falta de obxectividade da RFEV para determinar os ascensos á Superliga

Esta mañá a Real Federación Española de Voleibol emitía un comunicado no que dá por finalizada a temporada, decidindo que non haia descensos, e decidindo tamén os equipos ascendidos.

A RFEV decidiu que ascendan á Superliga o primeiro clasificado de cada grupo da Superliga 2, é dicir, o Barça e o Rotogal Boiro. Unha decisión que deixa fóra do ascenso a un Volei Dumbría que ao remate da competición fica cos mesmos puntos que o cadro da Barbanza.
Sorprende que a Federación non teña en conta os postos de playoff, cando para o ascenso á Superliga 2 si que aproba o ascenso “daqueles equipos dos tres gruposde 1ª División que tiñan algunha posibilidade de ir á Fase Final”.

Ante esta situación, o Club Voleibol Dumbría vén de emitir un comunicado no que ademais de felicitar ao cadro boirense, critica a falta de obxectividade do ente federativo para decidir os ascensos. “Parecen decisións tomadas en función de intereses persoais segundo os clubs implicados nas diferentes ligas nacionais”. “Sentímos altamente perxudicados pois non cremos que as decisións fosen tomadas con criterios de obxectividade, integridade e xustiza deportiva”, denuncian. O club asegura que as decisións nas categorías femininas son “surrealistas” pero centra o foco na situación do seu Grupo A da Superliga 2.

O Boiro remata por diante da clasificación por ter máis vitorias que o club costeiro (18 fronte a 16). Pero para o Dumbría son varios os puntos a ter en conta:

  • ”Ao remate da 1ª volta, a única que se puido disputar íntegra, o noso equipo lideraba a táboa en solitario”.
  • ”O Volei Dumbría foi o equipo que máis xornadas lideirou a clasificación”.
  • ”O Volei Dumbría é o equipo que mellor coeficiente de sets ten a favor e en contra”.
  • O Volei Dumbría é o que máis vitorias de 3 puntos ten”.

O club argumenta ademais en clave de traxectoria, pois xa o curso pasado participou no Playoff de ascenso, que remataba cun triple empate que deixara fóra ao cadro csoteiro.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios