Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Santa Comba

A Conta Xeral de Santa Comba demostra que durante 2020 se gastaron 1,3 millóns de euros do remanente

Apenas tres días despois do pleno do POS, o grupo de goberno xalleiro convocou onte un novo pleno urxente e extradordinario para a aprobación da Conta Xeral do exercicio 2020. Un asunto fundamental de sometimento ao control financieiro, para dar conta de onde se gastou o diñeiro da xente, sendo ademais Santa Comba un dos únicos 3 concellos da comarca que non presentou o documento, o que provocou xa que o ano pasado o Concello non puidese acceder a numerosas subvencións directas doutras administracións.

O pleno chega “fóra de prazo” pero en tempo para sucsanalo e non perder esas posibles axudas, malia o que a oposición criticou que “o Concello sempre vai a última hora”. En calquera caso, a Conta foi aprobada cos votos a favor dos 5 edís do PP (unha non puido chegar a tempo para a votación) e de Cristina Fajín, e coas abstencións dos edís do PSOE e Ucha Velo.

A alcaldesa debullou o que sinala a Conta Xeral, cun resultado negativo de 600.000euros. Lamentou a falta do ex alcalde David Barbeira no pleno pero calificou de “nefasta” a súa xestión, deixando claro que houbo un gasto de 1,3 millóns de euros do remanente das arcas municipais “sen un só investimento real”.

Cristina Fajín puxo de evidencia que “este foi un dos grandes motivos da moción de censura”. Ucha calificou de “despilfarro” a acción do ex alcalde.

Comisión

No pleno de xaneiro aprobouse a Creación dunha Comisión de Investigación para analizar un posible caso de acceso irregular á documentación oficial. O pleno de onte aprobou tamén, por unanimidade, que o arquivo audiovisual municipal (por exemplos estes vídeos dos plenos, ou das xuntas de goberno) sirva de probas para a Comisión.

Novas relacionadas

A Conta Xeral de Santa Comba demostra que durante 2020 se gastaron 1,3 millóns de euros do remanente