Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo

Mª Teresa Ferreira, sobre a asociación Neira Marcos: "Marcoume moitísimo"

María Teresa Ferreira leva sendo a presidenta da Asociación cultural Neira Marcos case 20 anos, dende os seus comezos no ano 2000 ata a actualidade. En todo este tempo, a vimiancesa acometeu varios proxectos dende a asociación relacionados co empoderamento da muller rural. Ademais, sendo unha gran coñecedora da da vida da aldea, dos cultivos e de usos e costumes, Ferreira conta as súa historia e vivencias no proxecto A Costa das Mulleres.

Como traballadora en vivenda comunitaria, María Teresa conta que para ela “coidar é dar o que se pode no momento adecuado, tanto na miña casa coma no meu traballo”. A vimiancesa nunca pensou que ía rematar traballando disto, xa que a súa vocación dende pequeña foi a ensinanza, mais “a vida foime levando por outro camino”, explica Ferreira.

No que respecta á asociación, María Teresa ten claro que, "a pesar de ser una cousa para o teu tempo libre, a min marcoume moitísimo” e explica que coas viaxes que facían, “a muller colliu xa outro punto, sae da casa con normalidade, que ao mellor antes non sei facía”.

Ademais, Ferreira resalta a importancia da educación, pois este foi un punto moi importante na súa vida. É por iso que, segundo explica, sempre estivo moi pendiente da educación dos seus fillos. Pero tamén salienta a educación nas mulleres, pois cre que “é importante que teñamos una boa formación detrás para sentirnos quizáis un pouco máis seguras”, engade María Teresa.

Mª Teresa Ferreira, sobre a asociación Neira Marcos: "Marcoume moitísimo"