domingo. 04.05.2025
El tiempo

Vimianzo e Zas reparten cartas dos Reis Magos en galego

Vimianzo e Zas reparten cartas dos Reis Magos en galego
carta-reis-galego O Servizo de Normalización Lingüística - SNL - que comparte os concellos de Vimianzo e Zas colaborou un ano máis coas súas Maxestades de Oriente no reparto das cartes entre todos os centros de ensino dos dous municipios. Así, o persoal do SNL ocupouse de repartir os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos, xunto coas caixas de correo onde depositar as misivas unha vez escritas. Son modelos de cartas en lingua galegas nas que tamén se fai referencia á figura tradicional do Nadal galego, O Apalpador. Os Reis comprometéronse a respostar de maneira personalizada a tods aqueles nenos e nenas que se comuniquen co neles utilizando esta canle. Ademais desta actividade, o concello de Zas tamén puxo en marcha por segundo ano un concurso de panxoliñas co fin de fomentar o uso do galego na rede e de manter as tradicións. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios