Vimianzo lanza para Semana Santa un programa de visitas guiadas para o Castelo, os Batáns e a Ruta dos Dolmens


Fantástico o programa de Rutas Guiadas do Concello de Vimianzo polos seus bens patrimoniais. De xoves a domingo haberá visitas guiadas e teatralizadas a estes monumentos, o Castelo de Vimianzo, os Batáns do Mosquetín e a Ruta dos Dolmens, esta que estra servizo por primeira vez por Pascua. Unha oferta que completa a que ofrece Zas coas visitas ás Torres do Allo.
Visita ao Castelo de VImianzo
A fortaleza soneirá serve para contar gran parte da historia de Galicia. Desde a súa construción na Idade Media até o comezo da Mostra de Artesanía ao Vivo sucédense décadas de historia épica que se poderán escoitar nas visitas guiadas e teatralizadas.
- Horario visitas guiadas:
- Xoves 13: 11h / 13h /17h;
- Venres 14: 11h / 13h;
- Sábado 15: 11h;
- Domingo 16: 11h / 17h. - Horario visitas teatralizadas con Os Quinquilláns:
- Venres 14: 17h;
- Sábado 15: 17h;
_ Domingo 16: 13h.
O conxunto etnográfico do Mosquetín
Unha industria rural conservada á beira das augas do río Grande do Porto. Á beleza da paisaxe na que se insire súmase a impresionante mostra de arquitectura tradicional na que se poden ver traballar os muíños e batáns. Para velos en funcionamento débese acudir nos horarios das visitas guiadas.
- Xoves 13 e venres 14: 12h / 16h /18h;
- Sábado 15: 16h / 18h.
- Domingo 16: 12h / 16h /18h
Ruta dos dolmens
Seis mil anos de historia permanecen ocultos baixo mámoas e antas. O concello de Vimianzo é un dos máis ricos de Galicia en megalitismo. O sábado 15 farase un percorrido polos dolmens máis destacados: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Arca e Casota de Freáns. A visita é ás 11h30. Sáese do castelo para realizar o percorrido en bus e a pé. Son treitos curtos, pero recoméndase levar calzado apropiado. As prazas son limitadas polo que se require reserva previa (límite venres 14).
Para inscribirse: No castelo de Vimianzo (tlf 981 716 354) ou no correo electrónico visitavimianzo@gmail.com.
Novas relacionadas
- As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa.
- Os Batáns do Mosquetín, “o mellor conxunto de Galicia”.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo.
- O Castelo de Vimianzo xa ten a súa APP.
- A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo.
Fonte
- Deputación.